FEDERACION GALEGA DE AUTOMOBILISMO
Weekly revenue
Weekly downloads
Rating
Price
Subscribe to see revenue estimates, ads, complaints and keywords.
Launch offer: 50% off until October 31, 2026
A aplicación oficial da Federación Galega de Automobilismo (FGA) trae toda a competición do automobilismo galego ao teu móbil, nun só lugar e de balde. Segue en directo o día a día das probas, consulta resultados, recibe avisos ao instante e mantente ao tanto de todo o que pasa nos rallyes, subidas, autocross, karting, slalom e demais disciplinas de Galicia. FUNCIÓNS PRINCIPAIS - Probas: consulta o calendario da tempada con todas as probas por modalidade (Rally, Rallysprint, Rallymix, Montaña, Autocross, Karting e Slalom), coas súas datas e información. - Clasificacións: segue os campionatos galegos e as súas clasificacións actualizadas. - Tempos: accede aos tempos e resultados das probas. - Avisos en directo: recibe notificacións no momento sobre cancelacións, adiamentos, incidencias e resultados. Podes escoller de que modalidades queres recibir avisos. - Novas: le a actualidade da FGA e comparte as noticias que máis che interesen. - Regulamentos: ten sempre a man a normativa e os regulamentos oficiais. - FGA Multimedia: mira os últimos vídeos da canle de YouTube da FGA e as galerías de fotos das probas. A aplicación é gratuíta e non require rexistro. Está pensada para pilotos, copilotos, escuderías, afeccionados e todo aquel que vive o automobilismo galego. Federación Galega de Automobilismo Toda a competición galega no teu móbil.
Not on the US charts right now.